Andando a terra (Chá)

Andando a terra (Chá)

12 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Tres días despois do quinto aniversario do pasamento do poeta Manuel María, o auditorio de Vilalba (Lugo) acolleu o día da cultura chairega coa presentación do libro “Andando a Terra (Chá)”, unha edición facsimilar dos artigos que o Manuel publicou en “A Nosa Terra” e que fan referencia a súa querida e natal Terra Chá.

No acto estiveron presentes o presidente do Instituto de estudios Chairegos (organizador): Manuel Castro Santamariña, o xornalista, redactor xefe de “A Nosa Terra” e amigo persoal do poeta: Alfonso Eiré, a viuva de Manuel: Saleta Goi e Manolo Roca, coordinador da publicación.
O acto rematou cun concerto da Banda de Vilalba.

Sociedade