Andar con seguridade de Ares a Redes

A Deputación provincial xa dispón dos terreos para a senda peonil
09 de Novembro, 2020 - 01:29 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputación completa as expropiacións para a construción dunha senda peonil na estrada de Ares a Redes e cita aos propietarios dos terreos afectados os día 24 e 25 de novembro no pavillón municipal para o pago dos depósitos previos. As obras suporán un importante investimento de 624.100 euros para a construción da senda peonil de tres quilómetros.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio do pago dos depósitos previos correspondentes ás expropiacións dos 2.215 metros cadrados de terreos necesarios para acometer a construción dunha senda peonil na estrada DP 0401 de Ares a Redes.

A Deputación da Coruña destina 30.849,52 euros euros a estas expropiacións, que se suman ao orzamento 624.100 euros cos que contan as obras, co que o investimento total rondará os 655.000 euros. Os veciños e veciñas propietarios dos terreos están citados os días 24 e 25 de novembro, entre as 16.00 e as 18.30 horas, no pavillón municipal de Ares. Para garantir a seguridade e evitar concentracións, cítase á veciñanza en distintos días e tramos horarios, segundo a orde alfabética dos apelidos dos titulares das fincas.

Mellora da seguridade peonil

As obras suporán unha notable mellora da seguridade peonil, xa que a vía actual carece de arcéns, a pesar de tratarse dunha zona moi transitada polos caminantes, especialmente nos meses de verán, xa que da acceso ao núcleo de Redes e a praias coma as de O Raso ou Seselle. Os traballos suporán a construción dunha senda de dous metros de ancho e tres quilómetros de lonxitude, que discorrerá pola marxe dereita da calzada.

Institucional

Publica o teu comentario agora