Andrés Picallo, o teatro de Sillobre

Andrés Picallo, o teatro de Sillobre

25 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dicir teatro en Sillobre e falar de Andrés Picallo. El é o director, autor teatral e alma mater do elenco teatral da sociedade Agarimo. Este sábado no local da entidade de Fene (A Coruña) presentan unha nova comedia “A impostora”.

Os membros do grupo tronchanse nos ensaios. Divírtense moito e auguran que a obra funcionará e provocará as risas do público. O grupo de Agarimo continua coa súa tradición de comedias. A xente busca no teatro distraerse e pasalo ben. Ademáis, é mais doado facer rir que provocar o choro, segundo recoñece Andrés Picallo. “A impostora” aborda o tema da suplantación da persoalidade.

Sociedade