Andrea Maceiras: “Escribo desde que teño memoria, é a miña forma de vida”

Andrea Maceiras: “Escribo desde que teño memoria, é a miña forma de vida”

06 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Unha historia de aventuras e de amor a todos os elementos cruciais na vida das persoas: o amor ao coñecemento e ao dereito a dirixir as nosas vidas, ao noso entorno, ao pasado que nos sustenta e o amor polo futuro que nos espera”. Define así, Andrea Maceiras, a súa novela ‘Violeta Tamurana’ que vén de acadar a cuarta edición do Premio Meiga Moira 2010 de literatura infantil-xuvenil. A xove escritora, amosou en Radiofusión

A novela, premiada co Meiga Moira 2010, presenta uns valores e lanza mensaxes positivas. Segundo Maceiras, existen unhas ideas chaves ao longo da obra: a crítica ao racismo, o respecto pola natureza ou o papel do coñecemento como forma de liberdade. 

‘Violeta tamurana’ diríxese a un público infantil e xuvenil de entre 12 e 16 anos, máis esta moza de Cambre e estudante de filoloxía hispánica, está a escribir para todo tipo de idades e de temáticas. “A miña andaina literaria está arrincando. Empecei cultivando o relato curto pero onde máis cómoda me sinto é na novela, sen descartar ningún xénero”, subliñou. 

A obra publicarase por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de fin de ano.

Cultura