Angel Mato: "Hai malestar en Ferrol coa Academia Galega"

Angel Mato: "Hai malestar en Ferrol coa Academia Galega"
14 de Decembro, 2020 - 03:01 h. | Publicada por Radio Fene

"Hai malestar en Ferrol coa Real Academia Galega" manifestou este mediodía o alcalde da cidade Angel Mato, aludindo á decisión académica de non prorrogar a adicación a Carvalho Calero do Dia das Letras Galegas para o 2021, tal e como solicitan as Corporacións de Ferrol e Lugo e boa parte do mundo cultural galego. 

Exposición sobre Carvalho Calero. Praza de Armas. Ferrol. Decembro 2020

"Carvalho merecía a prórroga" afirmou Mato no acto de inauguración dunha exposición ao ar libre sobre a vida e a obra do escritor. A mostra permanecerá na Praza de Armas ferrolán ata o 27 de decembro e inclúe textos do autor e unha imaxe curiosa: A única fotografía conservada do acto de fundación do Partido Galeguista en Pontevedra o 12 de decembro de 1931, no que aparece o escritor ferrolán no uso da palabra. 39 paneis integran unha iniciativa que despertou moita expectación e curiosidade entre os viandantes. "Eu fun alumna de Carvalho" ou "Xa están outra vez coa guerra" eran algúns dos comentarios que se escoitaban. 
Carvalho Calero foi o escritor homenaxeado neste 2020 polo Día das Letras Galegas. Pola pandemia do coronavirus a obra do catedrático no se puido divulgar como se viña facendo no ámbito educativo. A Real Academia Galega emitiu o pasado sábado un comunicado no que invita á sociedade a continuar coa divulgación da obra de Carvalho no 2021. Pero tamén sinala que iso non impide adicar o Dia das Letras do próximo ano a outro escritor ou escritora. Unha decisión salomónica que non contenta a ninguén. Pero o último capítulo desta historia, posibelmente non estea aínda escrito. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora