Anik Nandi: Na India hai 3.372 línguas maternas

Anik Nandi: Na India hai 3.372 línguas maternas

13 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Anik Nandi, natural dun pobo cercano a Calcuta, indica que na India existen 3.372 línguas maternas. Engade que o goberno reduciu a cifra, clasificounas en 120 idiomas. O lingüista bengalí presentou un proxecto sobre idiomas minorizados na Universidade de Santiago de Compostela en 2008. Na actualidade elabora a súa tese de doutoramento sobre o galego, ao tempo que traballa na Universidade de Edimburgo en Escocia. 

 

EnSociolingüistas, profesores universitarios e activistas a prol da lingua debaterán sobre "o presente e as posibilidades de futuro do galego na educación infantil". Será no marco dunha mesa redonda que se celebrará hoxe ás 19.30 horas na sede da Avoaescola, en Narón.Entre os ponentes estará o sociolingüísta bengalí co que falamos en Radio Fene esta mañá e tamén  Gabriel Rei-Doval, doutor en Filoloxía Galega e profesor de Lingüística Luso-Hispánica na Universidade de Wisconsin-Milwaukee. Na súa intervención, Rei-Doval, gran impulsor da difusión do galego nos EE.UU., fará unha interpretación da situación actual do galego no ensino en Galicia coas perspectivas sobre a súa aprendizaxe fóra, tanto en España como fóra dela. Compartirá mesa con Bernardo Penabade, profesor de lingua e literatura galega no instituto “O Perdouro” en Burela,  impulsor do Proxecto Burela - Neo de normalización e extensión da lingua galega.

 

Sociedade