Aniversario de “Can sen Dono”

Aniversario de “Can sen Dono”
08 de Setembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Festa de aniversario en Fene. Ao cumprirse corenta anos de que vira a luz a revista de humor gráfico en galego “Can sen Dono”, que se publicou en Vigo entre 1983 e 1991. A exposición que o conmemora inaugurase este venres, no Museo do Humor Xaquín Marín. Falounos dela o comisario da mostra, Francisco Oti.

ESCOITA O PODCAST:

“Decatámonos agora da súa importancia”, asegura Francisco Oti. “Era un fervello que permitía expresarnos a un fato de mozos que tiñamos gran enerxía”, lembra o comisario da exposición. E destaca o protagonismo que tivo Fene, “había un grupo dos importantes en torno á figura de Xaquín Marín e de Siro que daquela vivía en Ferrol, traballadores de Astano, estudantes..” Naceu daquela “a profesión do humor gráfico galego”, asegura, nunha época chea de iniciativas e creatividade na que foron creados o Museo do Humor e mesmo de Radio Fene. “Coincide coa movida viguesa e coa expansión dos fan cines”. 

A exposición dedicada á revista de humor “Can sen Dono” reflicte “non só como era a revista unha vez editada, senón tamén o que había detrás”, explica Oís que reuniu distintos materiais depositados na Biblioteca de Galicia. Poderase visitar ata o 27 de outubro. O alcalde, Juventino Trigo, e o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, participarán na inauguración, ás 20.00 horas, e haberá unha charla-coloquio na que participarán Francisco Oti e tres persoas que estiveron a fronte da publicación entre 1983 e 1989, o director Pepe Carreiro, o coordinador Gogue, e o editor, Antón Mascato.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora