As Anpas de Ferrolterra encaran o novo curso escolar

As Anpas de Ferrolterra encaran o novo curso escolar

22 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O curso escolar 2009-2010 remata con movilización dos pais e nais da comarca porque non son poucas as preocupacións coas que encaran o próximo. A Federación de ANPAS de Ferrolterra convocaos este venres ás 6 da tarde no Instituto Marqués de Suances para facer balance do curso escolar.
Balance fixo o presidente da federación de anpas de Ferrolterra en radio Fene. Javier Sánchez García resumíu en cinco os problemas máis acucian

A aplicación do Decreto da Língua é unha das novidades coas que se atoparán o curso que ven, coa reducción das materias en galego e a intención de que se imparta un tercio das mateiras en inglés. Para o presidente das ANPAS, a Consellería utiliza aos pais outorgándolles o dereito a votar sobre algo que non lles corresponde. O recorte de profesorado é outra das tendencias que continuará seguro o curso próximo, segundo as ANPAs e outro cabalo de batalla é a adquisición dos libros de texto que pasaron de ser gratuitos para todos a selo para algúns. Aparte de que moitas familias deberán pagalos, as ANPAS opinan que este sistema é máis caro para a Xunta porque eliminou o sistema de que se heredasen por catro anos e agora compraráos novos cada curso.

Máis problemas aos que se enfrentan as ANPAS, os comedores escolares, porque a Consellería só se fai cargo deles naqueles centros con xornada partida e clases de mañán e tarde. As ANPAS encárganse do resto dos comedores, sen os recursos necesarios e mesmo dun xeito alegal, segundo os pais.
Finalmente denuncia a Federación de ANPAS que o proxecto ABALAR para introducir as novas tecnoloxáis nas aulas,marxina aos centros públicos fronte aos concertados. Na comarca, afirman, o 90% do programa implántase nos privados. 

Sociedade