As Anpas de Narón péchanse nas escolas infantís.

As Anpas de Narón péchanse nas escolas infantís.

27 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As Anpas das escolas infantís de Narón iniciarán un peche nos centros escolares, ao remate desta xornada escolar. Os pais e nais de Narón dín entender as razóns do concello á hora de demandar da Xunta que participe no cofinanciamento das tres escolas infantís municipais, xunto co concello e os propios pais.

O portavoz dos pais e nais do alumnado, Oscar Mouriz, afirma que as escolas de 0 a 3 anos son un servicio hoxe en día imprescindible para poder compaxinar a vida laboral e familiar.
Afirmaba Mouriz esta mañán na nosa emisora que non entenden a postura do PP de Narón que, non hai moito tempo, aprobou a cesión das escolas infantís á Xunta de Galicia e agora dálle a razón á Xunta de non participar do proxecto. Mentras a Xunta de Galicia non dea alternativas, os pais e nais seguirán movilizándose. Esta tarde inician un encerro temporal nos centros escolares de 0 a 3 anos, pero non desexan interrumpir o seu funcionamento.

Sociedade