Ansiedade nas farmacias

Ansiedade nas farmacias
16 de Marzo, 2020 - 02:59 h. | Publicada por Radio Fene

Van chegando as máscaras ás farmacias, non así os xeles hidroalcohólicos.

ESCOITA O PODCAST:

Os medicamentos están nas farmacias sen problema. Faltan xeles hidroalcohólicos e na farmacia de Perlío chegaron esta mañá as ansiadas máscaras. A farmacia de Teresa Duarte preparouse para atender con seguridade aos seus clientes. Dividiron ao persoal en dous turnos, de mañá e tarde e non poden permanecer no interior máis de seis persoas que deben gardar a distancia de seguridade, algo que non é doado de conseguir, indica a titular da farmacia de Perlío.  Duarte está sorprendida da cantidade de xente que acude á súa oficina de farmacia tendo en conta a situación de alarma establecida. Quizás esta situación obedeza á ansiedade da xente por ter as cousas na casa, opina.

"Medo non se ve, senón a xente sairía menos e tocaría menos" aclara Teresa Duarte quen á hora de recomendar algo decántase pola boa utilización da mascarilla e dos guantes porque senón pode ser contraproducente. E desde logo, lavar as mans con frecuencia dedicándolle a este xesto o seu tempo. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora