Antón Bao: “Esta edición do San Froilán será a máis galega e participativa da historia”

Antón Bao: “Esta edición do San Froilán será a máis galega e participativa da historia”

03 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Como as “festas máis galegas, populares e participativas da historia” presenta o tenente de alcalde e concelleiro de cultura de Lugo, Antón Bao, o San Froilán 2011. Avala a súa afirmación cun programa repleto de artistas do país que arrinca mañá martes. O escritor Paco Martín será o encargado de ler o pregón e, tralas súas palabras, porán música aos festexos lucenses os grupos Cabra

Máis de 150 actividades conforman o programa das festas. A música galega será a gran protagonista, con concertos como os de Berrogüetto, Budiño, Treixadura, Luz Casal, Di Elas, Os Cempés, Uxía, Lucía Pérez, Miro Casabella, Lamatumbá ou Dios ke te Crew. O cartel complétase coas actuacións de bandas e artistas de outros puntos da Península: Vetusta Morla, El Pescao, The Pepper Pots, Manel, Gose, Deolinda...

Unha exposición de cartaces, programas e imaxes da festa dende 1877 estará aberta durante todo o mes na sala de exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra. Non se trata da única proposta que fai referencia á orixe do San Froilán, xa que un desfile de gando polo centro da cidade rememorará que a cita naceu como unha feira para despois converterse nunha festa. 

O San Froilán, anuncian os seus organizadores, chegará aos distintos barrios da cidade con animación de rúa e programación específica para os máis pequenos todos os días. Tamén cada xornada, en cada unha das portas da Muralla, un grupo de teatro representará unha peza sobre a historia lucense. Asemade, a festa recupera os cabezudos e o protagonismo das Bandas de Música.

As casetas do polbo abriron xa as súas portas e estarán funcionando todo o mes.

Sociedade