Antón Bao inaugurará hoxe a exposición “Castelao: a derradeira lección do mestre”, que permanecerá no Museo Provincial ata o 10 de xullo

Antón Bao inaugurará hoxe a exposición “Castelao: a derradeira lección do mestre”, que permanecerá no Museo Provincial ata o 10 de xullo

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O vicepresidente 1º e responsable da área de cultura da Deputación de Lugo, Antón Bao, presidirá, no Museo Provincial de Lugo a partir das 20 horas, a inauguración da  exposición “Castelao: a derradeira lección do mestre”.  Ademais de Bao, o acto contará coa presenza da directora do Museo, Aurelia Balseiro e dos comisarios da mostra, María Pilar García Negro e D. Felipe-Senén López Gómez, as

Esta exposición, que permanecerá aberta ata o 10 de xullo, abrangue un período que vai, fundamentalmente, de 1936 a 1950, anos que se corresponden co exilio de Castelao. Integran a mostra gravados, pinturas, caricaturas, textos literarios e de carácter político que poñen de manifesto as múltiples facetas que desenvolveu Castelao, tanto como debuxante, pintor, caricaturista, ilustrador, xornalista, escritor, etc., coma na de político e pensador nacionalista.

Como complemento desta mostra vanse desenvolver unha serie de actividades (visitas guiadas, concertos, proxeccións cinematográficas, obradoiros, etc.). Tamén, coincidindo con esta inauguración, o Museo Provincial de Lugo presenta a súa colección permanente de obras de Castelao, que se pode visitar na sala número 25.

Cultura