Antón Riveiro: “Non saín indemne da miña novela, xa non son a mesma persoa”

Antón Riveiro: “Non saín indemne da miña novela, xa non son a mesma persoa”

26 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

“Catro novelas polo prezo de unha”. Define así Antón Riveiro Coello a súa nova obra, Laura no deserto, na que reflexiona sobre temas como a memoria, a identidade, o amor, a liberdade ou a culpa. O autor, explicou nos micrófonos de Radiofusión, pretende facer reflexionar aos lectores sobre cales serían as súas accións en situacións extremas como as que se relatan no libro. “Adoitamos identificarnos cos heroes, pero eu n

En Laura no deserto únense as historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria. A obra, publicada por Galaxia, transcorre por distintos escenarios (Compostela, Barcelona, A Pobra do Caramiñal, Nova York...) e por varios momentos históricos (Europa durante a Segunda Guerra Mundial ou Estados Unidos a finais do século XX).  

Cultura