Antonio Fraga: “A Lovecraft cheguei a través de Agustín Fernández Paz”

Antonio Fraga: “A Lovecraft cheguei a través de Agustín Fernández Paz”

25 de Decembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Estaba a buscar información sobre un proxecto moitísimo máis ambicioso, nunca realizado, sobre escritores que chegaron a suicidarse”, explica Antonio Fraga. Así foi como naceu “Querido H.P.L.”, a obra coa que vén de gañar a primeira edición do Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. Un dos suicidas cos que bateu o escritor eumés foi Robert E. Howard

Fraga non sentiu directamente a chamada do pai de Cthulhu, mestre do horror cósmico, senón que foi Robert E. Howard quen o conduciu a Lovecraft. Mais tamén o puxo sobre a pista, “como lle pasou a moitos outros rapaces”, Agustín Fernández Paz. “Aire negro” ou “Cartas de inverno” tiñan, explica o escritor, “un marcado pouso lovecraftiano”.

Urco Editora, que convocou o Premio Antón Risco canda varias entidades, publicará proximamente “Querido H.P.L.”. Antonio Fraga celebra o nacemento deste galardón para a literatura fantástica que, “coa tradición tanto na literatura como na propia tradición oral que hai no tema da fantasía aquí en Galicia, era moi necesario”.

Cultura