Antonio Reigosa: “As grandes marcas dítanos como temos que celebrar o Nadal”

Antonio Reigosa: “As grandes marcas dítanos como temos que celebrar o Nadal”

27 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

En Nadal seguimos fielmente tradicións que non son moi tradicionais, segundo podemos descubrir nas páxinas de Trece noites, trece lúas; un libro, editado por Xerais, no que Antonio Reigosa pon as palabras e Noemí López, as ilustracións. Un exemplo atopámolo nos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar non se fixeron cun protagonismo dentro do amplo censo de repartidores de xoguetes ata o século XIX. “Santa Klaus ten moita m&aacute

O que consideramos ceas típicas de Noiteboa ou Noitevella están compostas de produtos que ata hai relativamente pouco estaban prohibidos nesas datas do ano. A Igrexa impuxo unha vixilia, vixente ata 1918, que impedía comer nada de carne, coa única excepción do galo capado. De aí provén, explica o autor de Trece noites, trece lúas, a tradición da Feira do Capón de Vilalba.

A medida que a sociedade galega foi incorporando novos ritos, perdeu outros de seu, vinculados moitos deles á ilusión e as predicións relativas ao ano entrante. “Independentemente da relixión dominante en cada parte do mundo, o Nadal estase uniformizando de tal xeito que todos facemos practicamente o mesmo”, reflexiona Antonio Reigosa. “Obedecemos ao mercado, facemos caso ao ditado das grandes marcas que non só venden produtos, senón tamén comportamentos”, resume.

 

Sociedade