Antonio Rodríguez Miranda: “O Estatuto actual aínda ten un percorrido”

Antonio Rodríguez Miranda: “O Estatuto actual aínda ten un percorrido”

25 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A reforma da carta autonómica non esperta urxencias no seo do partido que sustenta o Goberno galego. O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, delcarou a Radiofusiòn que o “o instrumento que temos é valido”. Abundou na explicación: “As institucións estatais non nos permiten desenvolver todo o contido do Estatuto”. Á luz destas palabras puidérase pensar que non hai xustificación na reapertura do debate anunciada polo

O portavoz popular quixo matizar as palabras do titular de San Caetano, que no Panteón de Galegos Ilustres asegurou que o PP celebra o Día de Galicia con feitos, mentres que a oposición só ten “palabras e berros”. Rodríguez Miranda nega que houbera ánimo pexorativo na declaración de Núñez Feijóo, e aclarou que tan só manifestaba a realidade de que “o PP está gobernando”, o BNG entende “a manifestación como a súa forma de facer política”, e o PSdeG, “en temas de país como a fusión das caixas, se quedou nas palabras”.

O Partido Popular é a única das tres forzas que fuxe dos actos nomeadamente políticos nas celebracións do 25 de xullo, e os seus cargos preferiron facer os festexos o sábado nunha romaría no Monte Castrove de Poio. Segundo Antonio Rodríguez Miranda, non están a evitar as parte máis ideolóxico, senón que “Galicia é como é, e cando nos sentimos a gusto facemos unha romaría, pero non por iso deixamos de reivindicar”.

Institucional