Antonio Veiga visita A Mariña para falar de deporte e cultura

Antonio Veiga visita A Mariña para falar de deporte e cultura

28 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O delegado da Deputación de Lugo presentou o proxecto de reforma do pavillón de Ribadeo e salientou a importancia da iniciatica Buxaina para potenciar o teatro na comarca.

O nacioalista Antonio Veiga participou en Ribadeo  na presentación da reforma do pavillón desta localidade ás asociacións deportivas, xunto co alcalde Fernando Suárez e o concelleiro de Deporte ribadense. A obra terá un prazo de execución de 12 meses e un presuposto de 2.500.000 euros. O recinto quedará totalmente renovado e so se aproveitarán do edificio actual os vestiarios.
O pavillón de Ribadeo contará con unha nova cuberta, dous accesos e ascensor. A pista poderá dividirse en varios espazos mediante unhas lonas o que permitirá que sexa empregado para adestrar por varios clubes á vez.

Doutra banda, Antonio Veiga xunto con Neves Cando, concelleira de Cultura de Burela e varios representantes dos grupos de teatro mariñanos fixeron unha valoración do proxecto Buxinaga para as artes escéncas da comarca. Este programa ten como obxectivo potenciar o teatro como elemento de transmisión cultural, ademais de fomentar o emprego do galego e cumprir unha función de cohesión e integración social.
Anunciouse tamén que moi pronto se presentará unha nova edición do proxecto Buxinaga, que contará con novos cursos e accións formativas. Tanto o delegado de Cultura da Deputación como os membros dos grupos esperan que se siga achegando o teatro á poboación e tamén as institucións.  Sinalaron tamén que é moi importante a afición que existe en A Mariña e que prácticamente tódalas representacións se enchen de público.

Sociedade