Anulan o Plan Parcial de Centieiras en Fene

Anulan o Plan Parcial de Centieiras en Fene

05 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de anular o Plan Parcial de Centieiras, o documento urbanístico que ordenaba a zona situada á beira da Avenida do Tarrío en Fene. A máxima autoridade xudicial estima incorrectos os criterios utilizados para calcular as zonas verdes e prazas públicas que o constructor tería que ceder ao Concello na zona. Unha empresa promotora presentara no seu dia un recurso contra o citado cálculo. O Tribunal Superior dalle agora

Os propietarios dos terreos lindantes coa avenida do Tarrío levan anos querendo edificar na zona. Contactaron cunha promotora urbanística coa que chegaron a un acordo para levantar as vivendas. O Concello de Fene redactou no seu dia un Plan Parcial para permitir a urbanización da zona. Á hora de calcular as cargas e beneficios das vivendas, o Concello computou o volume de edificabilidade do mercado e máis do centro de saúde. Dese xeito o ente municipal recibía unha compensación maior en zonas verdes e viais. Un criterio considerado incorrecto agora polo Tribunal Superior.

O Plan Parcial de Centieiras marcaba as zonas verdes, viais e os volumes de edificación. Buscaba urbanizar a zona do Tarrío. Dar conta da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é un dos asuntos incluidos na orde do dia do Pleno que mañá xoves celebra a Corporación de Fene. A sesión comezará ás 12 do mediodia.

Sociedade