Anuncian unha moenda no muiño do Redondo en Magalofes

Anuncian unha moenda no muiño do Redondo en Magalofes

13 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unhas 20 persoas participaron na ruta dos muíños por Magalofes na mañá do sabado. Comprobaron nesta andaina que o muíño do Redondo, rehabilitado polo Concello de Fene entre 1996 e 1998, está en perfectas condicións. Visitaron tamén as ruinas dos muiños de Alfredo e do Noxo, no lugar do Lodairo. A Asociación Veciñal de Magalofes anunciou que organizará en próximas datas unha moenda para contemplar na prá

Coa de Magalofes concluíron as visitas ás parroquias da I Mostra Turística “Ven a Fene”  que se pechará definitivamente o domingo 26 de outubro coa entrega de premios das II Xornadas gastronómicas da pataca, ás 20h na praza do concello de Fene.

Sociedade