Anunciando o San Bieito

Anunciando o San Bieito

06 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Concellería de Cultura do Concello de Allariz convoca o concurso para a confección do cartel anunciador das festas de San Bieito 2011 que se celebrarán os días 8, 9 e 10 de xullo.

As bases do concurso, aberto a toda persoa interesada ata o día 6 de maio son as seguintes:

1.- O tema será de libre elección, dentro dos motivos característicos do que se pretende anunciar: FESTAS DE SAN BIEITO Allariz, 8,9 e 10 de xullo 2011.

2.- O cartel deberá estar confeccionado en sentido vertical e non excederá de 70 cm de alto e 50 cm de ancho incluídas as marxes, se as tivese. A execución será libre, poderase utilizar calquera técnica válida para a reprodución serigráfica.

3.- Os traballos deberán presentarse sen sinatura e montados nalgún tipo de soporte, na Casa da Cultura, rúa O Castelo s/n, 32660, Allariz (Ourense).

4.- Establécese un único premio de catrocentos cincuenta euros (450 €) que poderá declararse deserto, se o xurado o considera oportuno. O cartel gañador pasará a ser propiedade do Concello con todos os dereitos de libre reprodución e difusión. Ao premio aplicaránselle os descontos que marca a lei.

5.- O prazo límite para todos os efectos de presentación rematará o día 6 de maio ás 14 horas, data na que se reunirá o xurado que cualificará os traballos que concursan.

6.- Cada cartel que se presente deberá achegar nun sobre pechado os datos de identificación, domicilio e teléfono do/a autor/a, que só será aberto se resulta premiado.

7.- O xurado, presidido pola Concelleira de Cultura, estará formado por persoas relacionadas co eido da cultura e actuará como secretaria a Técnica de Cultura. O día 10 de maio lerase a decisión do xurado na Casa da Cultura, unha vez emitido o veredicto, a súa decisión será inapelable.

Sociedade