Anxeles Seoane presidirá o Ateneo ferrolán

Anxeles Seoane presidirá o Ateneo ferrolán

22 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha única Candidatura presántase para concorrer á elección á Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán, que terá lugar  na Asemblea Xeral do próximo día 10 de decembro de 2013. Esta candidatura ten a súa orixe nun grupo de socias e socios do Ateneo, preocupados pola problemática situación da entidade.

Nestes últimos anos o Ateneo padeceu unhas longuísimas obras, ás que seguiu un ataque político desde o Concello, que se concretou na perda de espazo no local (compartido con outras asociacións e xestionado de xeito centralizado desde o Concello) e nas dificultades de recuperación do patrimonio acumulado na súa longa historia, depositado nunha empresa de mudanzas. Ademáis, a entidade deixou de cumprir en parte o seu papel dinamizador na cultura da cidade e perdeu un elevado número de socios e socias. Aínda que non coñecen con certeza a situación económica da entidade, as débedas ao persoal do Ateneo acumuladas nos últimos tempos representan unha situación difícil de dixerir nunha entidade de tradición progresista.

CANDIDATURA
Presidenta: Anxeles Seoane Fernández
Vicepresidente: Eliseo Fernández Fernández
Tesoureria: Ana Pernas Marquez
Contador: Luis Gomez Ruiz-Matas
Secretario: Jose Alonso Torregrosa
Bibliotecario: Fernando Rivera García
Vogais:
Simón López Fernández
Manuel Rey Pardo

Sociedade