Anxo Lorenzo: “Apostamos por un trinlingüísmo equilibrado e flexible”

Anxo Lorenzo: “Apostamos por un trinlingüísmo equilibrado e flexible”

07 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“O borrador do decreto do plurilingüísmo no ensino presentado pola Xunta trátase dunha proposta complexa marcada por uns principios básicos”, sinalou en Radiofusión o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. “Garántese un modelo educativo mantendo competencias análogas entre as dúas linguas oficiais de Galicia, o galego e o castelán, promóvese e difunde a lingua galega nos centros, incorp&

“ O texto constitúe unha proposta clara polo trilingüísmo equilibrado” titula Lorenzo fronte ás críticas recibidas ao novo decreto do galego. A administración autonómica está a promover o marco perdurable para a transmisión das competencias en galego e castelán e tamén o traspase efectivo e progresivo dunha ou varias lingua estranxeiras, principalmente do inglés, engadiu. Destaca a flexibilidade da proposta e cualificaa dun “ salto importante en materia de ensino”.

No que atinxe á lingua estranxeira, Anxo Lorenzo, explicou que non se pode incorporar dun xeito inmediato nin a curto prazo. Requírense varios anos para a súa posta en marcha e xa se está poñendo o esforzo necesario para este fin: formación aos docentes e motivar ao alumnado para o seu arranque.

A Xunta, afirmou, comprométese a poñer na mesa a axuda e os investimentos necesarios no menor tempo posible. ” Así neste 2010 elaboraremos o I Plan galego de Plurilingüísmo para unificar todas as estratexias e os enfoques da administración para promover o coñecemento das linguas estranxeiras entre o profesorado e os alumnos/as.” Asemade subliñou a necesidade da reciclaxe dos docentes para acadar un profesorado capacitado para acadar este obxectivo.

Anxo Lorenzo destacou o cumprimento do compromiso do goberno galego coa sociedade á hora de presentar este borrador. Para elo, o PPdeG pediu informes do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega. Amais amósanse dispostos a escoitar todas as aportacións, críticas e suxestións do colectivo educativo, das forzas políticas da oposición e as achegas de organismos e entidades e demais organizacións implicadas neste proceso.

Nestes bimbios do ensino non universitario atenderanse as necesidades da sociedade galega actual e responderase o sentir dos galegos e galegas. “Un decreto que cos engadidos derivados das distintas aportacións, deseñará unha arquitectura de ensino que perdurará moitos anos”.

Respecto ás duras críticas recibidas por este borrador, Lorenzo, defineas como unha estratexia de desgaste á política da Xunta. Deste xeito, sinalou que a folga do ensino prevista para este 21 de xaneiro xa se convocara antes de coñecer o contido do texto do decreto. Están a realizar unha campaña que se xestou o pasado 2 de marzo, concluiu.

Institucional