Ao PP non lle convencen os últimos cambios nas subvencións á entidades

O concelleiro do PP, Gumersindo Galego, estivo nas Foxas.
02 de Outubro, 2020 - 11:58 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo municipal do PP non concorda co cambio en diferentes subvencións municipais ás entidades sociais. Gumersindo Galego utilizaría o remanente de tesourería en acometer o saneamento e en levar a auga aos lugares que carecen aínda destes servizos.

ESCOITA O PODCAST:

O grupo municipal do PP de Fene non disimula o seu cabreo porque unha asociación reciba 10.000 euros de subvención cando o conxunto de axudas municipais ás sociedades é de 11.500 euros. “Pasar de 2.000 a 10.000 euros de subvención a unha carreira automovilística non me convence” afirma Gumersindo Galego, a pesar de que no pleno celebrado onte onde se aprobou coa abstención dos populares porque, dí, non teñen nada contra a escudería fenesa. Outra equivocación lles parece a retirada da subvención de 6000 euros a Cáritas de Fene porque, afirma Galego, realiza un labor social moi importante. Para o concelleiro popular “isto obedece á inquina da concelleria da área social con Cáritas”. Pola contra, afirma o edil popular, dáselle axuda a Dignidad, asociación ligada á igrexa evanxélica en Ferrol.

O PP denuncia a morte de troitas no río Cádavo, sen obter resposta municipal. Preguntamos a Galego qué faría co remanente de tesourería de Fene, que ascende a 800.000 euros. Rápido responde que o destinaría a tres proxectos fundamentais: ao alcantarillado e saneamento nas zonas que faltan por ter ese servizo; levar a auga a Magalofes e a aglomerados, subraia, moi necesarios en zonas habitadas. Aproveita Gumersindo Galego para criticar ao actual goberno local que, segundo as súas palabras “gasta os cartos en sitios onde non vive ninguén. Están os veciños de Marraxón indignados. É un despilfarro”. Refírese a un camiño sen saída e sen veciños, que foi aglomerado recentemente.

Por último falamos no espazo As Foxas con Gumersindo Galego sobre a área da ribeira de Barallobre que ocupaba Fondomar. Galego aposta por respectar a proposta inicial de erguer un edificio multiusos que dea servizo á confraría e aos deportes náuticos. “Nada de museos” afirma. O popular sumaríalle un negocio de hostelería, en réxime de concesión, que poña en valor os productos da confraría e dea vida a esa zona recreativa.

Institucional

Publica o teu comentario agora