Ao Tarnas témoslle moito cariño

Ao Tarnas témoslle moito cariño
10 de Setembro, 2020 - 11:07 h. | Publicada por Radio Fene

A cervexaría Tarnas reabre as súas portas na Avenida Naturais de Fene volvendo ás mans da familia fundadora, os Moar.

ESCOITA O PODCAST:

A ninguén se lle escapa que o Tarnas é toda unha institución hosteleira en Fene, un símbolo da modernidade do sector xunto co Lembranza, ou o Xala, por falar da mesma zona na Avenida Naturais de Fene, onde a finais dos anos 80 e principios dos 90 abriron novos locais que sustituiron as vellas tascas e deron unha imaxe de innovación a un sector que o pedía a berros. A familia de Pepe Moar, fundador do Tarnas, toma as rendas do local despois de pasar este por diferentes mans nos últimos anos. “Meu pai sempre foi un emprendedor. A cabeza nunca lle para” afirma a súa filla Miriam Moar convencida de que con esforzo todo é posible.

“Ao Tarnas témoslle moito cariño” e coa súa reapertura queren dar unha mensaxe positiva despois do que estamos pasando coa Covid19. Recoñece Miriam que a axuda da súa irmá, profesional da decoración, foi esencial á hora de darlle unha nova imaxe á cervexería e facela máis acolledora. Hai moita valentía detrás desta nova empresa, pero tamén moita profesionalidade porque “na hostelería a xente está cada vez máis preparada”. Un novo enfoque culinario daranlle ao Tarnas, reaberto desde o pasado martes día 8 na Avenida Naturais de Fene. A cocina tradicional enriquecerase con outras como a mexicana, con fajitas e nachos na oferta diaria. “Cada semana daremos novas suxerencias” dí Miriam quen non esquece a bodega, imprescindible nunha zona de bos viños como esta. “No almacén temos unha gran variedade”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora