Aparece morta unha quenlla nunha praia en Oleiros

Aparece morta unha quenlla nunha praia en Oleiros

03 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha quenlla de case dous metros apareceu morta na mañá deste luns na praia de Santa Cristina, situada en Oleiros (A Coruña). O escualo, que apareceu varado pasadas as 11.00 horas, fora avistado en días pasados nunha zona próxima.

Conforme o establecido no protocolo de actuación, foi recollido por operarios do Concello e trasladado a unha nave próxima. A continuación, deuse aviso ao centro de recuperación de fauna e agora varios expertos analizarán os restos da quenlla para tentar pescudar as causas da súa morte.

Sociedade