Aparece o corpo doutro dos policías afogados no Orzán.

Aparece o corpo doutro dos policías afogados no Orzán.

02 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Apareceu esta mañán na Coruña o corpo do policia nacional, Rodrigo Maseda, á altura do Matadoiro. Trátase do segundo policia afogado o pasado venres cando tentaba salvar a vida do estudante eslovaco Tomas Veliki. O corpo de Rodrigo Maseda, de 35 anos, natural de Burela, apareceu ás 11 da mañán no Matadoiro, no extremo do Orzán onde afogou, hai unha semana. A familia de Rodrigo Maseda trasladouse ao Complexo Hospitalario Universitario de A C

Arrededor das 11:00 desta mañan localizouse o corpo do axente da Policía Nacional, Rodrigo Maseda Lozano na praia do Orzán da Coruña. Trátase dun dos  axentes desaparecidos na madrugada do pasado vernes no suceso do Orzán.

A familia de Rodrigo Maseda trasladouse ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, onde o delegado do Goberno, Samuel Juárez, e o subdelegado do Gobierno en A Coruña, Jorge Atán, se reunen con eles dende a 13:00 h. Son os datos dos que dispoñemos, enviados pola Delegación do Goberno en Galicia.

Permanecen aínda no mar os corpos do terceiro policía, José Antonio Villamor, natural de Friol e do estudante eslovaco, Tomas Velicky.

Sociedade