Apatacón: historias de ida e volta

Apatacón en Cuba: historias de ida e volta
13 de Novembro, 2019 - 08:28 h. | Publicada por Radio Fene

Fóra, na entrada do local, unha única bombilla enchoupa todo de cor verde. Dentro, mesturándose co zumbido dos ventiladores, as paredes vístense desa cor mentres  Estamos na Casa da Bombilla Verde, un céntrico local da Habana onde Apatacón está a piques de actuar. O grupo está composto por Faia Díaz e Vero Rilo, que acompañan á Agrupación Instrutiva de Caamouco na súa primeira viaxe a Cuba. Apatacón ofreceu naquela noite o espectáculo 'Por unha peseta'. A actuación adaptouse ó contexto por dous motivos. O primeiro: as artistas non podían facturar no avión nin un banco para facer percusión, nin tampouco un fouciño. O segundo: despois de atravesa-lo océano, as historias de mar non podían faltar.

ESCOITA O PODCAST:
Faia Díaz e Vero Rilo actuando na Habana

A representación foi moi especial polo feito de que Apatacón cantou e contou en galego. A da Bombilla Verde non foi a única actuación de Apatacón en Cuba. O dúo tamén levou o seu talanto perante o alumnado da Cátedra de Galego da Universidade da Habana. Logo da actuación, houbo tempo tamén para conversar sobre a cultura e lingua do noso país. A visita á Catedra serviu tamén para homenaxear a xornalista e escritora Begoña Caamaño.

Todas estas experiencias vividas por Apatacón en Cuba sirven de inspiración para Vero e Faia. Nas súas maletas, xa de volta no país, moitos recordos da illa e tamén novas ideas. Apatacón viaxou a Cuba coa Tenencia grazas ó estreito vínculo de Vero e Faia coa Agrupación Instrutiva de Caamouco. Na Agrupación agradecen a implicación de Vero e Faia na aventura da Tenencia a Cuba. 

 
 

Daniel García 

Cultura

Publica o teu comentario agora