Aplaudo coas orellas

Martínez amósase escéptica coa oferta pública de emprego do concello fenés.
24 de Xaneiro, 2020 - 01:52 h. | Publicada por Radio Fene

Martínez aplaude os primeiros pasos do goberno Psoe-Unidas Podemos.

ESCOITA O PODCAST:

“Aplaudo coas orellas este comenzo” Son as palabras da edil de EU de Fene, Maricarmen Martínez, à hora de manifestar o seu parecer sobre as primeiras medidas adoptadas polo novo goberno e particularmente pola ministra de traballo, a ferrolana Yolanda Díaz, coa suba do salario mínimo. “Se fan a metade do que dixeron xa firmo “ manifestou a edil fenesa, que coñece á perfección os términos do pacto de goberno entre PSOE e Unidas Podemos.

No espazo As Foxas, falando de política local, Martínez amosouse escéptica co plan de emprego anunciado polo concello fenés. O mesmo ocorre cos Orzamentos para este ano. Martínez afirma que todo son disculpas e tirar balóns fora, cando se fala das contas para o ano 2020.

Institucional

Publica o teu comentario agora