Aplausos para o XoseMaría Pérez Parallé

Aplausos para o XoseMaría Pérez Parallé

11 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Matilde Castro sostén a obra “Mamá e señora para todo, declárase en rebeldía” que o grupo XoséMaría Pérez Parallé levou onte ao Torrente Ballester de Ferrol. Ben certo é que está rodeada de extraordinarios actores e actrices e da dirección de Carlos Basoa. Todos eles recibiron moitos aplausos dun público entregado á obra na que unha ama de casa se rebela contra un traballo que nunca cesa e nunc

A música de Guadi Galego e de SES elevan os ánimos do público. A MMM agradeceu a participación desinteresada dos grupos de teatro para estas representacións de axuda á Caravana Feminista que saíu do Kurdistán o 8 de marzo e rematará o 17 de outubro en Lisboa. Pasará por Ferrol o día 5, daí os preparativos para a súa recepción.

Sociedade