APLU dálle un prazo de 3 meses a Erimsa para legalizar a extraccción mineira en Begonte

APLU dálle un prazo de 3 meses a Erimsa para legalizar a extraccción mineira en Begonte

06 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A empresa de explotacións mineiras Erimsa afirma que conta con todos os permisos precisos para traballar no municipio lucense de Begonte. A compañía desbota que se lle teña paralizado a acción extractiva por orde da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Ademais, sostén que conta coa titularidade da concesión mineira no lugar de O Pedroso Pacios dende 1987, antes de que fose declarado com

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística emitiu esta semana un informe negativo contra a actividade mineira de Erimsa en Begonte, precisando que se está desenvolver en solo de "especial protección de espazos naturais" e que conta ademais coa definición de LIC. O organismo supervisor dependente da Consellaría de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas sinala tamén a ilegalidade da explotación por carecer de "autorización urbanística da Xunta e de licenza municipal" para o desenvolvemento do seu traballo na canteira. Xa que logo, o Goberno galego decreta "a suspensión da actividade", pero ao mesmo tempo abre unha fiestra para a súa legalización: a resolución da Axencia concédelle un prazo de tres meses á empresa mineira para realizar a "oportuna solicitude de autorización".

Esta concesión de Medio Ambiente amola á organización ADEGA que cualifica como "indignante" que a Xunta poida estar disposta a bendicir unha mina en Rede Natura. Os ecoloxistas critican o uso interesado dunha disposición transitoria da Lei do Solo para adaptala a comenencia, permitindo as "continuas ilegalidades dos empresarios da minaría". Porén, ADEGA sinala que a mina de Begonte constitúe unha ampliación de actividade que non pode realizarse "en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente plan sectorial de actividades extractivas de Galicia", consonte reza a lexislación vixente.

Os responsables de Erimsa, segundo o comunicado difundido en resposta ao informe, interpretan que non teñen que parar as extraccións porque o procedemento contra eles está aínda "en fase de instrución". Cómpre lembrar que hai dúas semanas, o Xulgado de Lugo desestimou unhas reclamacións desta compañía contra o Concello de Cospeito, polo que se lle retirou o permiso de actividade no municipio da Terra Chá. Erimsa mantén preitos tamén contra os concellos de Castro de Rei e A Pastoriza polo mesmo motivo.

 

Sociedade