Apoiar a cultura, o deporte e o ensino

O Concello de Fene abre o prazo para que o tecido asociativo solicite as subvencións.
10 de Outubro, 2018 - 01:01 h. | Publicada por Radio Fene

O montante total das subvencións municipais ascende a 75.500 euros correspondentes ás actividades do ano 2017

O Concello abre o prazo para que o tecido asociativo solicite as subvencións. Destinarán 75.500 euros a esta liña municipal de axudas . A edil de Cultura e Facenda, Rocío Bértoa, avanza que o obxectivo prioritario é poñer fin ós retrasos dos últimos anos na convocatoria destas subvencións. Dende hoxe, as entidades e asociacións sen fins de lucro de Fene poden solicitar as subvencións do Concello para apoiar as actividades que desenvolveron no exercicio 2017. Onte á tarde, o Concello convocou unha xuntanza coas entidades culturais e deportivas, anpas, ... para explicar esta liña de axudas.

As axudas permitirán sufragar gastos de funcionamento e das actividades de carácter cultural, deportivo, educativo ou veciñal  realizadas durante o pasado ano ou ben no curso 2016-2017. No día de onte, o Concello publicaba no Boletín Oficial da Provincia –BOP- as bases que rexen a concesión das subvencións. Unha publicación que marca a apertura do prazo para presentar as solicitudes –dende hoxe, 10 de outubro, e ata as 14 horas do día 24 de outubro de 2018-.

Poderá facerse telematicamente a través da sede electrónica do Concello, https://sede.fene.gal/gl, no Rexistro Electrónico Común ou presencialmente no Rexistro Xeral de Entrada do Concello. As axudas non poderán superar o 80% dos gastos xerados, cun máximo de 2.500 euros no caso das ANPAS; de 8.000 euros no das entidades culturais, e de 8.000 euros no das deportivas. Así mesmo, do montante total de 75.500 euros, o Concello consignou 5.000 euros para as ANPAS; 32.000 euros para as entidades culturais e 38.500 euros para as deportivas.

Institucional

Publica o teu comentario agora