Apostar polo tecido industrial

Apostar polo tecido industrial
25 de Abril, 2019 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

“Temos que apostar polo tecido industrial e polos estaleiros, un dos sectores onde somos competitivos en todo o mundo” afirmou esta mañá en Ferrol o candidato á presidencia do goberno de Unidas Podemos Pablo Iglesias. Entrevistouse co comité de empresa de Navantia e participou na marcha das factorias en demanda de carga de traballo.

ESCOITA O PODCAST:

Pablo Iglesias en Navantia Ferrol

http://173.255.131.18/audio/250419IGLESIAS.mp3

Ramón Fernández (BNG) reclama a volta ao sector naval civil

http://173.255.131.18/audio/250419FERNANDEZ.mp3

Pablo Iglesias en Navantia Ferrol. 25 de abril de 2019

Iglesias censurou a aposta de gobernos anteriores “polo turismo e polo ladrillo” e manifestou a súa coincidencia coa demanda de carteira de pedidos para os estaleiros. “Para mín é un orgullo estar co alcalde de Ferrol e coa loita dos traballadores” concluiu o dirixente de Podemos, que tamén se referiu aos últimos datos da Enquisa de Poboación Activa: “Hai que seguir subindo o salario mínimo achegandonos ao conxunto de Europa e hai que reducir os tipos de contratación, cun único contrato indefinido e limitando a temporalidade a un máximo de seis meses”.

Na marcha tamén participou o candidato do BNG Ramón Fernández quen reclamou a apertura ao sector naval civil: “Se non podemos competir no mercado, co mantenemento da redución ao militar, estamos sofrindo unha auténtica condena”.

 

Navantia manifestouse esta mañá pola carga de traballo. Os planteis dos estaleiros de Ferrol e Fene sairon das factorias minutos despois das dez da mañá. Permaneceu cortada durante boa parte da mañá a ponte das Pias por onde discurreu a manifestación do estaleiro de Perlío. Na avenida das Pias permaneceron concentrados os planteis entre as once e as doce da mañá. Reclamaron os pedidos necesarios para cubrir o impás entre o final dos buques australianos e o inicio das F -110. Poligal tamén participau na protesta. O candidato á presidencia do goberno de Unidas Podemos Pablo Iglesias participou nun tramo desta marcha entre a porta de Navantia Ferrol e a glorieta do diapasón. Tamén candidatos do PSOE, En Marea e BNG sumáronse á demanda dos estaleiros.

Sociedade

Publica o teu comentario agora