Aprender os xogos populares

Duas xornadas,xoves e venres, para coñecer os xogos de hai setenta anos
22 de Maio, 2019 - 01:27 h. | Publicada por Radio Fene

Preto de seiscentas persoas tomarán parte nas Xornadas de Xogos Populares Escolares. Organizadas polo Concello de Fene, celebraranse este xoves e venres pola mañá.

Preto de seiscentos nenos e nenas dos centros educativos de Fene tomarán parte este xoves e venres, 23 e 24 de maio, nas Xornadas de Xogos Populares Escolares. Así, mañá participará o CPI A Xunqueira e o CEIP Centieiras, namentras que o venres fará o propio o Colexio Jorge Juan, CEIP O Ramo e CEIP Os Casais. No caso de bo tempo, as xornadas desenvolveranse no exterior do pavillón polideportivo da Xunqueira e, en caso contrario, no interior do mesmo recinto deportivo.

Esta é unha actividade na que se realizarán xogos populares tradicionais de cara á divulgación do seu coñecemento, de xeito que todos os colexios participen simultaneamente nas diferentes actividades. Os xogos populares previstos son: o soga-tira, carreiras de sacos e carreiras a gatas, salto de corda, lanzamentos: a chave con pellos metálicos e con pellos de madeira, a ra..., o brilé, xogos de habilidade: zancos, pesca de botellas...

Finalmente, se o tempo o permite, realizaranse as carreiras de campo a través coas seguintes distancias: 1º e 2º de primaria: 150 metros; 3º e 4º de primaria: 225 metros, e 5º e 6º de primaria: 375 metros. O Concello farase cargo do transporte do alumnado e profesorado responsable dende os respectivos centros de ensino ata o lugar de realización, así como da organización das probas.

Deportes

Publica o teu comentario agora