Aprobada con nota

Aprobada con nota
26 de Decembro, 2019 - 11:15 h. | Publicada por Radio Fene

Aprobou dúas oposicións e se converteu, con 24 anos, na aprobada máis xove do estado. Superou as probas para o corpo de Xestión da Administración Central do Estado e do corpo xeral administrativo.

ESCOITA O PODCAST:
Sabela Galdo Fernández

Sabela Galdo Fernández conta agora xa con 25 anos. Exerce como letrada do Servizo Público de Emprego Estatal en Bizkaia. Fronte ás denuncias, ten que defender a correcta actuación da administración en materia laboral. Ela estudou Dereito na Universidade da Coruña: “Como non quería exercer púxenme a preparar as oposicións, algo que tes que afrontar como un traballo, con método e constancia durante meses”. Agora o seu principal obxectivo é volver a Galicia, pero tamén afronta ese labor con paciencia: “Témolo difícil porque hai máis galegos traballando no SEPE no conxunto do estado, que prazas deste servizo en Galicia”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora