Aralladas

O profesor Alberte Oro Claro expón na Universidade da Coruña
10 de Abril, 2019 - 10:22 h. | Publicada por Radio Fene

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurará esta tarde, ás 20:00 horas a exposición “Aralladas” do escultor e profesor Alberte Oro Claro, na sala de intervención cultural universitaria NORMAL, no campus de Riazor.

Aralladas

A mostra, que poderá verse ata o 29 de maio, recolle esculturas con obxectos do cotiá, reinterpretados para provocar, roubar sorrisos e brincar co absurdo. Trátase de obras que se moven entre o surrealismo e a arte conceptual: son xogos intelixentes para ultrapasar o evidente e que nada sexa o que parece. O autor rescata obxectos cotiás en mercados de moitos países para reinventalos e dar un novo significado, eso si, con moita retranca galega.

O escultor Alberte Oro Claro, médico de formación, é profesor na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.

NORMAL

NORMAL é un espazo cultural activo, un espazo de intervención. É un contedor para a produción/coprodución de iniciativas e de proxectos propios: nova escena contemporánea, cinema, artes visuais, multimedia, música avanzada, voluntariado e cooperación Unha programación diferente, interdisciplinaria, vinculada á experimentación, ás novas linguaxes contemporáneas, preferentemente urbanas e aquelas ligadas ás Media-Arts. Espazos abertos á sociedade e aos artistas, ás asociacións, á colaboración institucional, dentro de criterios de calidade. Talleres onde creadores da Universidade e de fóra dela poidan producir e despois expor o seu traballo. Ligar a cultura á vida pública no sentido máis amplo, con atención á reflexión sobre políticas de xénero e a cooperación. Oferta de cursos e master class sobre arte, cinema, literatura, músicas, pensamento e todas aquelas actividades que antes estaban dispersas na Universidade.

Cultura

Publica o teu comentario agora