Ares poñerá a disposición da Xunta os terreos da EDAR en setembro

Ares poñerá a disposición da Xunta os terreos da EDAR en setembro

17 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ares poñerá durante o mes que vén a disposición da Xunta os terreos nos que se asentará a futura estación depuradora de Ares, Mugardos e Fene, na parroquia de Chanteiro. A Xunta considera que os terreos son de “urxente ocupación”, polo que a empresa encargada da construción da EDAR podería comezar a executar as obras antes de que se solucionen os pagamentos das expropiacións. Así as cousas, o inicio das ob

O alcalde da vila, Julio Iglesias Redondo, agarda que a Estación Depuradora de Augas residuais estea rematada no 2011. O concello de Ares poñerá no vindeiro mes a disposición da Xunta os terreos nos que se construirá a EDAR, cumpríndose así o acordo que estipulaba que os concellos beneficiados se encargarían de aportar os terreos e a Xunta de Galicia a infraestrutura  que beneficiará ós concellos de Ares, Fene e Mugardos.

Institucional