Arizona Baby axita Ferrol

Arizona Baby axita Ferrol

09 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo de Valladolid Arizona Baby toca mañá xoves na Coruña e o venres no pub Manchita Cosa de Ferrol. Trátase da banda revelación do momento. Actuarán en xaneiro no festival Actual de Logroño e despois participarán na xira Heineken. Co seu estilo, entre o folkie, a psicodelia e o rock acústico, fan sempre vibrar ao seu público.

Arizona Baby presentará en Ferrol o seu disco Second to none, onde conxugan certa austeridade espartana con fermosura sen corsé. Non é unha banda folc, nen country, nen americana. E ún trio de rock acústico que utiliza como reclamo o seu demoledor directo. Tamén presentanse como candidatos ao mellor disco deste ano 2009. Arizona Baby, este venres dia 11, ás dez da noite no Manchita Cosa (Rúa Magdalena, 138. Ferrol. A entrada anticipada custa 5 euros, en taquilla ascende a 8.Na Coruña tocarán acompañados de O cadelo lunático. O concerto terá lugar na Sala Le Club, na rúa Rei Abdullah, 13. A anticipada custa 8 €, e en taquilla 10€.

 

 

 

Cultura