A Armada de Israel detén a Flotilla da Liberdade e aborda o buque no que viaxa Ana Miranda

A Armada de Israel detén a Flotilla da Liberdade e aborda o buque no que viaxa Ana Miranda

29 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O porto de Gaza non recibirá a axuda humanitaria e os paneis solares que transportaba a III Flotilla da Liberdade. A forza naval israelí interceptou a pasada madrugada o buque Marianne, o principal dos catro que viaxaban na misión solidaria internacional para tentar rachar o bloqueo de Israel sobre os territorios palestinos. A bordo da embarcación viaxa, entre outras representantes políticas, a eurodeputada do B

A intercepción do buque Marianna produciuse a cen millas da costa de Gaza. Até o momento, as únicas informacións sobre o acontecido, proceden das propias Forzas de Defensa de Israel. O seu voceiro, Peter Lerner, segundo recolle a plataforma BDS-Galiza, explicou na rede social Twitter que os militares chegaron a abordar o buque, “visitando e rexistrando” o navío da Flotilla da Liberdade, aínda que “sen incidentes”. Ademais, engadiu que “despois de repetidos chamamentos e tras negarse a cambiar de rumbo, o buque está a ser escoltado ao porto de Ashdod”.

Sociedade