Aroma andaluz en Ordes

Aroma andaluz en Ordes

05 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Museo do traxe Juanjo Liñares acolle unha nova exposición dentro das súas instalacións. Trátase nesta ocasión dunha mostra monográfica titulada “Andalucía” e que está adicada a esta comunidade española.

A exposición está instalada no salón de actos do museo, onde todos os asistentes poderán observar todo tipo de traxes andaluces, así como os seus complementos característicos e un patio típico andaluz de maneira totalmente gratuíta. 

O acto de apertura da mostra tivo lugar onte pola tarde e correu a cargo do director do Museo, Manuel Viqueira que estivo acompañado por veciños, así como por diferentes membros do goberno local ordense. Viqueira animou tanto a veciños como a visitantes a visitar esta mostra, que como explicou, coincide ademais coa feira de abril. 

A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro domingo día 29 de maio no horario habitual do museo, de martes a sábado de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e os domingos e festivos de 10 a 14 horas. Os luns está pechado.

Sociedade