Aromas, esencias e fraganzas perfuman Ferrol

Aromas, esencias e fraganzas perfuman Ferrol

09 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pechar os ollos, deixar voar o maxín e ulir fraganzas tan naturais como o tomiño, o xazmín, o sándalo ou o limón xa é posible grazas á exposición “Por narices. Esencias y fragancias naturales”. A mostra inaugurouse esta mañá en Ferrol. Organizada pola Obra Social “La Caixa” percorrerá gran parte da xeografía española e permanecerá na cidade departamental ata o venres 23 de abril. Os visi

O mundo dos aromas chega a Ferrol. O público poderá coñecer distintas prantas aromáticas e especias, frores, froitas e animais ou as bases científicas da olfacción. Ademais afonda nos aspectos culturais e históricos da relación do ser humano co mundo dos olores e as lembranzas evocadas polos mesmos.  

“Por narices”, percorre o territorio usando como plataforma multidisciplinar un tráiler. A exposición, sita no interior, emprega un innovador sistema de contenedor automatizado para a conservación e preservación da complexa mestura de gases, vapores e pós cos que se elaborou cada fraganza. O tráiler conta ademais con distintos módulos expositores pechados mediante metacrilatos, xerando unha atmósfera de silencio e escuridade para que os olores sexan os únicos protagonistas do momento.

A mostra pódese visitar no Cantón de Molíns, de luns a venres de nove da mañá a unha da tarde e de tres da tarde a oito do serán. Os sábados, domingos e festivos de once a unha da tarde e de seis a oito. A entrada é gratuíta.

Cultura