A arpista Arianna Savall inaugura o Espazos Sonoros

A arpista Arianna Savall inaugura o Espazos Sonoros

02 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Baixo o lema “Unha homenaxe aos nosos públicos” o festival de música Espazos Sonoros inaugura a súa edición 2010 na compostelá Igrexa de San Domingos de Bonaval mañá venres, 3 de setembro, ás oito da tarde. Farao coa formación Hirundo Maris dirixida pola arpista Arianna Savall. A cita, organizada pola Consellar&iac

O festival volta a lugares xa coñecidos e explora outros ámbitos do noso patrimonio histórico, exemplos de arquitectura civil e relixiosa ou defensiva, como as Torres de Mens, en Malpica de Bergantiños, o Arsenal de Ferrol, Santa Mariña de Xinzo de Limia, San Clodio de Leiro, o Mosteiro de Herbón ou a Ferrería de Seoane, en Folgoso do Courel, Sta. María do Campo de Ribadeo ou o Pazo de San Isidro, en Mondoñedo.

Os eixos básicos da programación son a música de cámara, para órgano, a antiga e a vogal, pero tamén buscará o encontro con outras músicas e estilos musicais da man de grupos como Oh! trío, o Quinteto Nuestro Tiempo, as galegas de Murmel, a americana Josephine Foster coa Víctor Herrero Band, e a cantante de fados portuguesa Dona Rosa.

Entre as actividades previstas atópase tamén unha conferencia-visita guiada polo interior do órgano de Iria Flavia, unha tarde no Courel da man de Emilio Cao en homenaxe a Uxío Novoneyra, xunto a un lugar emblemático na vida do escritor, a Ferreiría de Seoane, así como a celebración de dous obradoiros para a construción de instrumentos musicais a partir de xoguetes.

Cultura