A arquitectura de Miguel Ferro

A arquitectura de Miguel Ferro
23 de Agosto, 2019 - 10:06 h. | Publicada por Radio Fene

Miguel Ferro Caaveiro realiza os planos da capela das Ánimas de Santiago de Compostela en 1784. Esta igrexa, de pequena planta rectangular adicada á Paixón de Cristo, posue unha sobria fachada que se antecede con robustas columnas xónicas que albergan a portada, características de Miguel Ferro. 

Arquitecto, urbanista e responsable de empresas públicas, Miguel Ferro é sen dúbida, un dos creadores máis representativos do Neoclasicismo galego. Formado ao pé do seu pai, Lucas, intervirá practicamente en todas as obras realizadas en Santiago desde 1780, ano do seu nomeamento como arquitecto da cidade. 

O foco compostelán e Ferrol concentran as edificacións máis significativas do novo estilo que, ao claor da Ilustración, pretende recuperar as liñas do mundo clásico. Na cidade departamental, o Arsenal impulsará o asentamento da nova poboación cun proxecto de cidade, baseado na distribución igualitaria de edificios e mazás e a concepción dunha urbe bipolar, descentralizada en duas grandes prazas laterais.

Cultura

Publica o teu comentario agora