Arrancou a copa feminina

Perlío 0- Cultural Maniños 3
08 de Outubro, 2019 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío 0- Maniños 3. Ese foi o resultado do derbi co que os dous equipos feneses iniciaron a copa de futbol-7 feminino. A xogadora do Maniños, Cris, fixo hat trick.

ESCOITA O PODCAST:

Perlío 0 - Cultural Maniños 3. Ese foi o resultado do derbi co que os dous equipos feneses iniciaron a copa do futbol-7 feminino.

O Cultural Maniños.

Os tres goles do Maniños foron dunha veterana, Cris (na imaxe) unha xogadora moi esforzada que casualmente hoxe celebra o seu 29 aniversario. Parabens polos goles e polos anos, en nome do técnico Carlos Gómez e no noso. Con Gómez analizamos un encontro que supón tres puntos moi importantes e no que as novas xogadoras aportaron moito, en palabras do técnico. Recoñece Carlos Gómez que o Perlío lles apretou en diferentes momentos, sobre todo nos primeiros minutos da segunda parte que dominaron as dos Pinares. En todo caso, Gómez pensa que o resultado é xusto.

O Perlío

O técnico do Perlío pensa que sofriron moito castigo con eses tres goles porque o marcador non reflexa esactamente o que sucedeu no terreo de xogo. Valora moito o traballo das súas xogadoras que, afirma, “pelearon como leonas”. Os primeiros minutos da segunda parte colocaron as liñas máis adiantadas e nun contraataque chegou o segundo gol das rivais. Jeni parou moito e Iria tivo ocasións claras, sentencia Lorenzo.

Próxima xornada

O domingo 13 de outubro, o Cultural Maniños recibe ao Rosalía, un equipo ao que na pretempada lle faltaban efectivos. O técnico Carlos Gómez gosta moito deste equipo que reciben no campo do Pote. O Perlío feminino visita o campo da Piscina para enfrentarse ao San Sadurniño, un equipo moi ordenado e competitivo, en palabras de Juanjo Lorenzo.

Deportes

Publica o teu comentario agora