Arreón final

Arreón final
04 de Novembro, 2019 - 12:40 h. | Publicada por Radio Fene

Tras un espantoso inicio, O Pote foi de menos a máis ata o arreón final. Na Segunda Galicia de fútbol, O Pote 4 -1 Monfero. “Dominamos de principio a fin e o resultado final foi curto a pesar de que empezamos con imprecisións e fallamos un penalti” apunta o adestrador do Pote Manuel Freire.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Arquivo Radio Fene

“Na segunda parte creamos moitas ocasións de gol e houbo unha gran actuación do porteiro do Monfero” sinala o técnico. Na vindeira xornada da Liga da Segunda Galicia de fútbol, Cultural Maniños – O Pote. “Dos dous partidos que nos quedan, temos que gañar un para clasificarnos para o grupo bo e os rivais que nos quedan teñen moi bos equipos. Neste momento da competición, ninguén afrouxa” apunta Freire.

Deportes

Publica o teu comentario agora