Arreglos no campo dos Pinares

O concello constrúe novos vestiarios femininos nos Pinares
09 de Agosto, 2019 - 01:38 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene executa a reforma dos vestiarios do campo de fútbol dos Pinares. A intervención contempla o revestimento das instalacións, a creación dun vestiario para mulleres e a construción de dous aseos accesibeis diferenciados por sexos. O investimento global roza os 40.000 euros.

A obra inclue o revestimento das paredes dos vestiarios con tableiros laminados sobre guías de aluminio, dando así resposta ao problema que presentaba este espazo, ao contar con xeso, material nada adecuado pola gran concentración de vapor de auga. Era constante a degradación de material, obrigando a realizar arranxos continuos. A actuación financiouse con cargo ao superavit municipal, segundo informa o alcalde de Fene Gumersindo Galego.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora