Arrinca o Kernel 2010 de Mugardos

Arrinca o Kernel 2010 de Mugardos

16 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Comeza en Mugardos a VII edición do ciberencontro Mugardosparty Kernel 2010. Por sétimo ano consecutivo a Comunidade Linux “O Zulo” de Mugardos organiza o sétimo Ciberencontro que se alongará dende hoxe dia  16 ata o domingo 19 de setembro, na Casa da Cultura do Concello de Mugardos. Neste marco o sabado 18, a entidade “Software Freedom Day” coordinará a celebración global do Día Mundial de Software Libre.

A celebración desenvólverase mediante actividades de divulgación e concienciación realizadas por equipas de voluntarios en todos os países do mundo, con obxectivos comúns:
-    “divulgar os beneficios que supón (tanto técnica, social e económicamente) o emprego de “FOSS” – aplicacións informáticas de código aberto e libres, nos eidos da educación, administración, ámbito doméstico, empresarial, técnico, ...”
-    fometo da igualdade de oportunidades mediante a tecnoloxía e o seu uso libre e
-    promover o diálogo construtivo sobre o dereito e responsabilidade da sociedade á liberdade da cultura e da información.

Grazas ó esforzo organizativo da Comunidade Linux “O Zulo” o programa podedes consultalo na páxina web www.comunidadeozulo.org  

O programa inclue, charlas técnicas, documentais, cine, actividades, lanzamento de hardware, conferencias, laconada,  xogos e unha morea de sorpresas inundarán un entorno de software libre. O programa deste primeiro dia abríu ás 8 da mañán. Ás 8 da tarde continuará con  VOLVENDO OS 90s: SUPER NES - SEGA MEGADRIVE. Ás 10 da noite chegarán os Torneos CALL OF DUTY II; ás 12  KERNEL PODCAST e ás 12,30 a proxección da película  "TRON".
O coordenador das xornadas, Alberto Permuy, afirmou que se achegarán ao Kernel de Mugardos, usuarios-as de toda Galicia.
Colaboran na organización do Kernel, a Concellaría de Mocidade de Mugardos, a Xunta de Galicia e  diferentes empresas.

Sociedade