Arrinca unha nova edición do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas Sargadelos

Arrinca unha nova edición do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas Sargadelos

02 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Expertos en arte, deseño e innovación de España, así como especialistas mundiais na materia chegados de países como Korea ou Italia, danse cita dende hoxe e ata o 24 de agosto na factoría cervense de Sargadelos con motivo da celebración do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas. A Deputación, a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), fai posible a celebración da edición número 40 de

Cervo convértese durante o mes de agosto na capital española da artesanía. No Concello mariñá aloxaranse centos de persoas que participarán nas actividades formativas organizadas, onde prestixiosos artistas combinarán a elaboración de pezas coa presentación dos seus traballos. Serán un intercambio de experiencias co fin de impulsar futuros proxectos que contribúan a potenciar economicamente o sector da artesanía e o deseño. Uns 30 deseñadores con gran repercusión a nivel mundial asistirán ó Taller. Entre eles, atópanse os representantes das principais firmas do país, profesionais que forman parte da nova xeración do deseño español coma Luis Slava, Martín Arzúa, Nadadora, Díez+Díez ou La Granja.

Os participantes desta cita avaliarán a situación do sector e plantexarán propostas conxuntas que permitan a súa posta en valor. Esta será a folla de ruta do Centro de Artesanía e Deseño xa que a entidade dependente da Deputación terá a súa plena disposición este texto. Así o recolle o convenio que asinaron o organismo provincial e Sargadelos, un acordo mediante o cal a institución achegou 15.000 euros para a celebración da 40 edición do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas.  

Así mesmo, no marco deste acordo e tendo en conta a relación que Sargadelos mantivo no pasado con Cuba, o CENTRAD fai posible que as xornadas conten con dúas prestixiosas deseñadoras do país latinoamericano, quenes amosarán ós asistentes do encontro o seu traballo e a súa experiencia profesional. Trátase de Mayelin Guevara e de Giselle Monzón. A primeira, adícase ó mundo da xoiería, e Monzón encárgase de elaborar a imaxe visual das exposicións e eventos que se presentan no Centro de Desenvolvemento das Artes Visuais cubano.

Este luns comezou ademais o principal obradoiro das xornadas: “Deseño Industrial, Arte e Gastronomía Contemporánea”. Trátase dunha novidosa iniciativa, que está dirixida por Marta Rois, e que consiste na análise da interacción entre o deseño e a gastronomía nas súas diversas vertentes, facendo fincapé nos obxectos especialmente concebidos para servir alimentos específicos: dende a taza de café ata a culler para tapas. O obxectivo é que os participantes aprendan a mirar doutra forma os alimentos e que afonden na concepción dos obxectos que optimicen a degustación tendo en conta as súas propiedades organolépticas e, por outra banda, as súas características físicas e estéticas.

Ademais este xoves, 4 de agosto, inaugurase a prestixiosa exposición “Modelos de Ulm 1953-1968”. Recolle os proxectos desta escola de deseño alemaña herdeira de Bauhaus, considerado o antecedente de Sargadelos. Permanecerá na sala de exposición da antiga fábrica de fundición da ceramista lucense logo de ser exposta no Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid. Mediante fotografías de gran formato, paneis de texto, pezas gráficas, bocetos de deseño, produtos ou vídeos, a mostra amosa a amplia variedade de enfoques teóricos desta disciplina alemana herdeira de Bauhaus.

Sociedade