Arrincan os XXI Encontros Pedagóxicos de Ferrolterra.

Arrincan os XXI Encontros Pedagóxicos de Ferrolterra.

27 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

CIG e a AS-PG, desenvolven esta semana en Ferrol os XXI Encontros Pedagógicos que ao inicio de cada curso escolar ofrecen ao profesorado da comarca. As xornadas comezan hoxe e rematan o luns 4 de outubro, no colexio Isaac Peral de Ferrol . Radio Fene falou da iniciativa esta mañán co coordenador dos Encontros, Xosé Antón Ferreiro, quen adiantou que as redes sociais, a sexualidade, a língua galega ou a literatura, serán abordados nesta semana. Uns 60 mestr

Os obxectivos principais destas xornadas son renovar os enfoques formativos do profesorado e adaptar ós mestres e mestras ás novas realidades sociais. Outra parte fundamental destes encontros pedagóxicos está na lingua, xa que o galego e a súa normalización no ensino ocuparán boa parte do tempo. As xornadas, tanto as conferencias como os obradoiros, van servir como intercambio de experiencias aos profesionais do ensino. O enfoque é anovar cantos recursos pode haber ao alcalce da man. Asuntos que non son curriculares, como as redes sociais, a sexualidade, a utilidade dos contos e a literatura, son abordados nas Xornadas. Nesta primeira xornada están previstos ata catro obradoiros:
O centro Quérote impartirá un sobre sexualidade ; Sechu Sende dará outro sobre inmersión lingüística; Valentina Barreiro impartirá un terceiro sobre creación literaria e por ultimo hai outro sobre o manexo das redes sociais no que está metido o alumnado mentras que o profesorado descoñece bastante ese mundo.
Unha das xornadas versará sobre a violencia de xénero e sobre Rosalía de Castro. Para este ultimo tema contarán cunha das especialistas na escritora de Padrón, Pilar García Negro.
A presencia do Galego no ensino ten moito peso, por razóns evidentes, nestas Xornadas Pedagóxicas. Francisco Rguez dará unha visión de cómo queda o idioma despois do Decreto. Xosé Antón Ferreiro ofreceu datos alarmantes da situación actual.
Sobre 60 persoas están matriculadas nas Xornadas Pedagóxicas, pero os mestres teñen aínda hoxe para apuntarse. O programa saltarase os actos que estaban previstos para o mércores 29 por mor da folga xeral e trasladaos para o luns dia 4. Ás 4 da tarde inaugúranse no colexio Isaac Peral de Ferrol.

Sociedade