Arrivederci

O CCRD Perlío acolle un concerto doble o sabado 13 de abril, dende as 20:00h
08 de Abril, 2019 - 09:05 h. | Publicada por Radio Fene

Arrivederci e Polymorfics Band encherán de ritmo o Círculo de Perlío o próximo sabado dia 13. Destinado a todo o mundo pero cunha chiscadela especial á mocidade.

ESCOITA O PODCAST:

Concerto

Un concerto pon ao CCRD Perlío no centro da campaña de promoción turística Ven a Fene!. Perlío acolle o próximo sabado dia 13 un concerto protagonizado por dous grupos: Polymorfics Band e Arrivederci. O primeiro formado por mozos e mozas da comarca e o segundo por tres mulleres das Pontes. As actuacións comenzarán o sabado ás 20:00h. A vicepresidenta do Círculo de Perlío e responsable da área cultural, Mariola Hermida, falanos nesta entrevista dos dous grupos formados na comarca e das espectativas que teñen posto neste concerto orientado principalmente á xuventude, pero válido para todo tipo de públicos. No transcurso do mesmo sortearanse camisolas dos dous grupos convidados e tamén barrís de cervexa entre os maiores de idade.

Letras Galegas

O CCRD Perlío ten pechado o programa das Letras Galegas que celebrarán do 9 ao 11 de maio. O primeiro dia adicaranno ao homenaxeado, Antonio Fraguas, coa recreación dunha festa popular. O dia 10 será para o teatro de Muiño do vento que porá en escea a comedia " O futuro". O dia 11 será para a música das corais Perla del río e Eterna Xuventude.

Xuño

O primeiro de xuño o CCRD Perlío recibe outra volta a Paula Carballeira quen nesta ocasión contará contos para adultos, segundo nos adiantou Mariola Hermida. E o dia 15 recibirán ao grupo de teatro Xosemária Pérez Parallé que, segundo a vicepresidenta do Círculo, "hai moito tempo que non veñen a Perlío".

Cultura

Publica o teu comentario agora