Arte a cambio de alimentos

O Círculo de Perlío recollerá alimentos para o Banco de Alimentos Rias Altas
03 de Decembro, 2019 - 01:20 h. | Publicada por Radio Fene

O CCRD de Perlío tínguese de solidaridade polo Nadal. Unha recollida de alimentos farán o dia 14 a cambio de actuacións musiciais e monólogo. Rifarase un cadro de Ponche. (na imaxe)

ESCOITA O PODCAST:

O Círculo de Perlío encara un Nadal moi solidario. Nas súas instalacións poranse o 14 de decembro unhas caixas para a recollida de alimentos que irán destinados ao Banco de Alimentos Rias Altas. Ese dia, a partir das 19,30h actuará Julia María Dopico Vale, ofrecendo un concerto de bandurria. E Silvia Romaus ofrecerá un monólogo cómico. Ao remate rifarase un cadro de José M. Pereiro (Ponche) valorado en 700 euros. Axudarase así a recadación de fondos para as persoas máis desfavorecidas. No CCRD Perlío o sabado 14 de decembro.

Cultura

Publica o teu comentario agora